Ahí va otro de mis poemas en gallego. Ahí vai outro dos meus poemas en galego. Here it is another of my poems in galician.
Durme
o meu amor. Durme plácido.
Coma
o paxaro ó cesar o seu cántico.
Durme
coma se agardara o seu momento,
Coma
as verdes polas agarimadas polo vento.
Pacente,
coma o peregrino na súa pausa.
Augas
calmas nas que navega a lenta balsa.
Tócanme
os seus suspiros con sonoridade.
Remémbrame
á verba, serenidade.
Co
seu sono máis longo non hai viaxe.
¿Ónde
estará agora?¿Ónde, en qué paraxe?
¡Quizáis
estará polos mares de occidente!
¡Quizáis
chegou ós lindes de oriente!
Abre
os ollos cos raios que emanan da fiestra.
Luz
da alba, lucero do que o astro sol fai festa.
Coma
o recén nado que saúda ó mundo,
Así
desperta meu amor do sono máis profundo.
Érguete
e esboza un sorriso ó día
e
afronta a nova xornada con ledicia.
Érguete,
refulxente xoia miña carmesí.
Porque
da miña alma estás no meu rubí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario