lunes, 22 de octubre de 2018

Prométoche unha terra

Aquí vai o primeiro poema da miña obra "Verbas Galegas". É en galego mais tentarei de publicar o poema en castelán adiante.

Aquí va el primer poema de mi obra "Verbas Galegas". Es en gallego pero intentaré ir publicando estos poemas en castellano más adelante.

http://www.lulu.com/shop/noelia-prieto-garc%C3%ADa/verbas-galegas/ebook/product-23173783.html

Prométoche unha terra
De refulxente azul e verde
Onde os trasnos no río, nas beiras
Cantan, amigables, por verte.

Terra de outonal colorido.
Verdes bosques, verdes valles.
Azuis os lagos, o mar e os ríos.
Ecos, neles, da súa xente, cantares.

Navega, veleiro miño, ata a miña terra.
Lévame a ela, antes do serán
E que máis viaxeiros se enamoren dela
Esquecendo as correntes e o temporal.

Vexo Galicia oteando ó horizonte.
Non hai máis beleza que a súa silueta.
Fálame o seu vento desde o monte.
Fálanme as súas brisas frescas.

Prométoche unha terra con lingua musical;
Melodía nas auroras as súas muiñeiras.
Terra de rica cultura ancestral
Onde sabios e peregriños percorreran.

Aunque viaxe quilómetros e leguas,
Aunque atravesé países e nación,
Máis alá dos desertos, máis alá das mareas
Levareina na mente, levareina no corazón.

¡Ai, Galicia! ¿Podo facerte unha pregunta?
¡Quén o soupera! ¡Quén o descobrera!
Osarei atreverme e non morrer coa duda.
¿Por qué eres tan bella?


No hay comentarios:

Publicar un comentario