lunes, 22 de octubre de 2018

Marea Negra

Preséntovos un poema en galego que escribín fai meses sobre o que significan para nós os animais.


Onte augas claras bañaban as súas nacaradas patas.
Xogaba coas pingas baixo un amencer dourado.
Hoxe chevouno lonxe a escura marea negra.
Marexada azabache, invisible a ollos vivos.
Azabache marexada, a que ao ser vista
Xa non hai volta atrás. E as ánimas se afogan
Nas suas ondas, sen piedade nin compasión.
A miña bestia canina… de bestia, pouco.
As súas cinzas rociarán á herba dun monte
Con vistas a un horizonte onde o mar clarea
Lonxe das tenebras baixo un pálido ceo azul.
E o lembarei na noite, plenilunio como testemuña.
Entre a brétema perecerán os seus valores,
A lealdade e bondade. Desinterado agarimo.
Adéus digno amigo, meu camarada querido.
Ata cedo nun mundo cada vez máis descoñecido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario