domingo, 22 de noviembre de 2020

ESTRELA

 Un dos meus poemas en galego da obra "Acordes de Palabras" ou "Verbas galegas".


Vagalume errante da noite.

Noite calmada e constelada.

A lúa, refulxente e pálida

Bañando a con melodía de prata.

 

Decíalle o mozo a súa moza:

“quero porlle o teu nome a unha estrela,

Máis brillante e refulxente ca venus

Destacarás, brillante entre elas.

 

Quero cunha constelación

Leve o teu nome, a túa beleza,

A túa palidez, de todas a máis bela.

E a estrela polar morrerá de envexa.

 

Máis brillante ca Vía Láctea,

Así destaca a túa alma.

Semellas rosa da alba

Polo orballo rociada.

 

No ceo de noite resplandecerás

Despuntando no horizonte.

Semellas luceiro entre o universo

Chegando, no infinito, máis lonxe.

 

Suspirarán por ti os viaxeiros.

Coa alma iluminarás o océano,

Entre as perseidas, entre os cometas.

Querrán saber o teu nome os nenos.

 

Serás inmortal aos ollos nocturnos.

Cando o sol se agache na noite de verán

Reinarás no firmamento. E viva e forte

Nas noites en vela sempre me acompañarás”.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario