sábado, 26 de diciembre de 2020

Proxecto Atlántico

D.E.P.  Lino Braxe.

No pudimos acabar este proyecto, pero aquí quedan cinco poemas que compusimos en cadena para ese posible poemario. (En galego). 


1

Hola. ¿Alguén ahí? ¿Podes oírme?

Quizáis cabalgando entre ondas de pálida escuma

Rociadas de luz polo sol haia alguén que poda escoitar.

Mar profundo e escuro. Mar de infinitas cores.

Veleno de abrazo mortal de estar así de resistente.

Distingo o manto escuro do océano Atlántico

Rodeado por praia de fortes rochas e fina area.

Veo aos que bañan nas máis cristalinas augas

E os meus pensamentos non os tocan,

Xa que nin tan sequera salen polamiña boca.

¡Qué historias agacharán! ¡Qué traxedias e ledicias!

Mais por sorte a esperanza guía cal faro as xentes.

Cidade de nubes e sol, escoita o legado da miñaloita.

Fortes coma aceiro son miñas ganas de non fuxir.

Burlando o meu mal non quero saír de este mundo.

Celebraría coma os aburridos. Riría coma os serios.

Bebería coma os sobrios. Loitando así con corazas

De amor; con espadas de humor, con fusiles de felicidade.

Por algo son a filla da palabra vida.

 

 

2

Ser filla da vida é a arquitectura escrita do edificio da vida.

Desde a miña fiestra intúo os xogos dos cativos na praia.

Unha doenza con vistas ao mar é menos doenza.

Deberíamos continuar respirando

para que os paxaros canten a nosa amizade

e as plantas medren ao calor da música das nosas palabras.

Ser filla da vida é a aceptar a dor que nos consume

e fabular a existencia das trinta e tres illas douradas.


3

A vida a carón no océano Atlántico é vida de festa.

E crer que sí existen as trinta e tres illas douradas,

Coas súas trinta e tres irmás de prata e bronce ao sol.

E crer en máis de trinta e tres soños, ledicias e amizades.

Crer en que a vida é inmensidade e infinita coma o mar.

Entre o ruxe ruxe das ondas, entre o ruxido da brétema.

A nena, a moza, a muller, a princesa, a campesiña, a guerreira.

O neno, o mozo, o home, o cabaleiro, o mariñeiro o pirata.

Todas as súas verbas perdurarán pois todos somos inmortais.

Na auga e no océano naceu a vida e nel acabará. Quizáis.

Todas as nosas verbas perdurarán para que nesas illas fabuladas

Morran as dores e as penas coma faro de esperanza na noite.


4

A esperanza da noite son os faros do alén.

A doenza é o tránsito cara non sufrir.

Cando leo as túas cartas e os teus poemas

sinto que o hospital se precipita sobre as augas.

E nesa hora cando sucede.

Xusto nesa hora da tarde,

a brisa sobre a cerdeira 

se atreve a desafiar o canto da loia

e os mares son fiestras asolagadas

nas mentes dun golfiño.


5

A marea amanece xogando coma a inocencia.

Qué caprichoso está o mar! Qué rápido se enfada!

 Envestindo as súas ondas nas rochas con furia bailando,

ao compás do vento e do estruendo do seu silencio.

Non serei cinza da sombra, senon liberdade

a carón do sol, luz de ouro na escuma das augas.

Refulxente entre os teus golfiños e os peces,

competindo sen envexas coa lúa de raios de prata.

Nas dunas plasmarei os mais escuros pensamentos.

Desprendereime deles nunha botella de cristal

 para que naufraguen  no desorden dos acantilados.

Que quebren para ter mentes sen males.


No hay comentarios:

Publicar un comentario